Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 23 de agosto de 2012 Páx. 33801

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pastoriza

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de corte e silos forraxeiros.

Javier Braña García, en representación de Otero Vilar, S.C., solicitou desta alcaldía licenza municipal para ampliación de corte e silos forraxeiros que se situará en Marquide (A Regueira). Cumprindo o disposto no parágrafo 3, do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contar desde o día seguinte ao da última publicación do presente edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se estimen oportunas.

A Pastoriza, 18 de agosto de 2012

Primitivo Iglesias Sierra
Alcalde