Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 27 de agosto de 2012 Páx. 34129

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Redondela (expediente IN407A 2012/189-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS, CS rúa Eidos 22.

Situación: Redondela.

Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor tipo RHZ1 de 14 metros de lonxitude, con orixe e final no empalme proxectado na LMTS RED709, entre os CT Eidos 22 e Reboreda Carambola, unha vez entre e saia do CS proxectado. Centro de seccionamento, con celas compactas con corte en SF6, situado na rúa Eidos 22, Redondela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avda. Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 1 de agosto de 2012

P.A. (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009, do 11 de xuño)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial