Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 27 de agosto de 2012 Páx. 34125

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Cangas (expediente IN407A 2012/193-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS novas saídas nova subestación Cangas II.

Situación: Cangas.

Características técnicas:

Liñas de media tensión subterráneas que a continuación se describen, de saída da nova subestación Cangas, a 20 kV con condutor tipo RHZ, todas con orixe no punto de acceso proxectado (nó 0) e coas lonxitudes e finais que se detallan: LMTS Cangas-G.E. Bueu: 28 metros, final nó 1. LMTS CAG 806C: 900 metros, final CT San Cosme (nó 16). LMTS CAG 802: 3.030 metros, final nó 13. LMTS CAG 806: 1.803 metros, final nó 9. LMTS CAG 804: 1.803 metros, final nó 9. LMTS CAG 803: 1.808 metros, final CT San Pedro II. LMTS CAG 804C, CAG 805, CAG 805C e CAG 807C, as catro de 1.814 metros e final no nó 10.

A instalación está situada na zona de Coiro, Cangas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avda. Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 1 de agosto de 2012

P.A. (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009, do 11 de xuño)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial