Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 27 de agosto de 2012 Páx. 34087

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (84/2012).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 84/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Isabel Gegunde Álvarez, Rosario Rodríguez Magadán e Chirleis Sousa da Rocha contra a empresa Fonte Sacra, S.L., sobre despedimento, ditáronse tres resolucións cuxas partes dispositivas son as seguintes:

Declárase extinguida no día da data a relación laboral que unía a María Isabel Gegunde Álvarez coa empresa Fonte Sacra, S.L., e condénase a devandita empresa ao pagamento das seguintes cantidades.

Nome da traballadora: María Isabel Gegunde Álvarez.

Indemnización: 7.510,61 euros (sete mil cincocentos dez euros con sesenta e un céntimos).

Salarios: 9.917,90 euros (nove mil novecentos dezasete euros con noventa céntimos).

Declárase extinguida no día da data a relación laboral que unía a Rosario Rodríguez Magadán coa empresa Fonte Sacra, S.L., e condénase a devandita empresa ao pagamento das seguintes cantidades:

Nome da traballadora: Rosario Rodríguez Magadán.

Indemnización: 6.645,51 euros (seis mil seiscentos corenta e cinco euros con cincuenta e un céntimos).

Salarios: 8.898,28 euros (oito mil novecentos noventa e oito euros con vinte e oito céntimos).

Declárase extinguida no día da data a relación laboral que unía a Chirleis Sousa da Rocha coa empresa Fonte Sacra, S.L., e condénase a devandita empresa ao pagamento das seguintes cantidades:

Nome da traballadora: Chirleis Sousa da Rocha.

Indemnización: 4.381,50 euros (catro mil trescentos oitenta e un euros con cincuenta céntimos).

Salarios: 8.454,80 euros (oito mil catrocentos cincuenta e catro euros con oitenta céntimos).

Ao estar a empresa en paradoiro descoñecido, advírtese ao destinatario Fonte Sacra, S.L., que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 3 de agosto de 2012

O secretario xudicial