Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 27 de agosto de 2012 Páx. 34150

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO de información pública sobre a instalación e apertura dun taller de confección de pezas de vestir no parque empresarial de Alvedro (Almeiras).

Rosendo Francisco, S.L.U. solicitou unha licenza municipal para a instalación e apertura dun taller de confección de pezas de vestir nun local situado na rúa I, nave 18, do parque empresarial de Alvedro, parroquia de Almeiras. O expediente sométese a información pública durante un prazo de vinte (20) días, segundo o que establece o artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo, na Secretaría do concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Culleredo, 31 de maio de 2012

P.D. (Resolución do 22.6.2011; BOP nº 131, do 11 de xullo)
Diego Antonio Taibo Monelos
Concelleiro delegado da Área de Urbanismo