Marcos Zas Vilas solicitou da Alcaldía licenza municipal para apertura de instalación dun taller de reparación de vehículos –mecánica-electricidade– situado na estrada de Cedeira, 12-14-B. Cumprindo o disposto no punto 3º do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo e formular por escrito as alegacións ou reclamacións que consideren oportunas no departamento de Urbanismo deste concello.
Narón, 10 de xullo de 2012
Alfonso de Prado Fernández-Canteli
Secretario xeral