Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 28 de agosto de 2012 Páx. 34461

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 30 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o inicio do expediente sancionador 2012039TA-OU por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 11 de xuño de 2012, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense acordou o inicio do expediente sancionador 2012039TA-OU a Wascar Montero Montero, NIE X7435243X, con domicilio en r/ Progreso, 133 -P01- 32003 Ourense.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Wascar Montero Montero, NIE X7435243X, o dito acordo de inicio que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avda. de Zamora, nº 13, de Ourense, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no mencionado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 39/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 30 de xullo de 2012

P.A. (Resolución da conselleira do 2.7.2009)
Ricardo García Martínez
Xefe do Servizo de Xestión

ANEXO

1. Expediente sancionador: 2012039TA-OU.

Denunciado: Wascar Montero Montero.

Documento de identificación: X7435243X.

Último enderezo coñecido: Progreso, 133, P01 32003 Ourense.

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Precepto infrinxido: artigo 19.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco.

Tipificación: leve.

Sanción proposta: trinta euros (30,00 €).