Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 28 de agosto de 2012 Páx. 34453

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe no concello de Ponteareas (expediente IN407A 2012/176-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A.

Domicilio social: r/ Virxe da Luz, nº 3 baixo, 36860 Ponteareas.

Denominación: LMT, CT Colexio nº 2.

Situación: Ponteareas.

Descricións técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor Hersatene de 235 metros de lonxitude, con orixe no CT existente Xoán Oliveira e final no CT proxectado Colexio nº 2. Centro de transformación de 250 kVA, RT 20 kV/400 V, situado na rúa Fermín Bouza Brey, Ponteareas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avda. Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 24 de xullo de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra