Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 28 de agosto de 2012 Páx. 34433

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (296/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 296/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Margarita Seoane Lesta, contra a empresa Edificaciones Parque Corintio, S.L., sobre despedimento, ditouse sentenza cuxo ditame di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que foi interposta por Margarita Seoane Lesta contra a empresa Edificaciones Parque Corintio, S.L. e, en consecuencia:

1º. Debo declarar e declaro extinguida en día da data da presente resolución a relación laboral que vinculaba a ambas as dúas, e condeno a entidade demandada, Edificaciones Parque Corintio, S.L., ao aboamento á demandante dunha indemnización a razón de 2.311,38 euros.

2º. Condeno a empresa Edificaciones Parque Corintio, S.L. a aboar a Margarita Seoane Lesta a cantidade de 19.952,29 euros por salarios impagados, máis o 10 % de xuros moratorios.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá este sen a consignación previa do importe da condena que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229 da LPL. Ambos os dous ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada, podendo substituír a empresa o importe da consignación pola constitución á disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Edificaciones Parque Corintio, S.L., en ignorado paradoiro, estendo e asino o presente.

A Coruña, 6 de agosto de 2012

A secretaria xudicial