Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 29 de agosto de 2012 Páx. 34534

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2012, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a celebración dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia, a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como, para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán, aos organismos responsables, na Comunidade Autónoma, a homologación dos ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o Organismo Oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai celebrar.

En consecuencia, anúnciase a celebración dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Sanea Control, S.L., de acordo ás seguintes bases:

1. Denominación do curso.

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora.

Sanea Control, S.L.

3. Data.

Do 13 ao 15 de setembro de 2012.

4. Lugar de celebración.

Instalacións de Sanea Control, S.L.

Avda. da Mahía, nº 106, baixo.

15220 Bertamiráns-Ames.

A Coruña.

5. Número de prazas.

Máximo 25 alumnos.

6. Dirixido a

Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.

7. Criterios de selección:

Por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes.

Solicitude segundo modelo anexo I.

9. Programa.

Día 13.9.2012

15.30-16.30 horas

Introdución. Lexislación.

16.30-18.15 horas

Praguicidas. Descrición e xeneralidades.

18.15-20.00 horas

Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria.

20.00-21.30 horas

Métodos de loita antivectorial.

Día 14.9.2012

15.30-16.30 horas

Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas.

16.30-18.00 horas

Praguicidas e ambiente: problemas que presentan. Destrución de envases.

18.00-19.30 horas

Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación.

19.30-20.30 horas

Preparación de disolucións de produtos.

20.30-21.30 horas

Interpretación de pictogramas e etiquetas de praguicidas.

Día 15.9.2012

9.00-11.00 horas

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas.

11.00-14.00 horas

Técnicas de aplicación de praguicidas.

15.30-17.00 horas

Boas prácticas de almacenamento de praguicidas.

17.00-18.30 horas

Resolución de exercicios prácticos.

18.30-19.30 horas

Avaliación tipo test.

10. Certificado de superación do curso.

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e en caso de superalas expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2012

Manuel Antonio Varela Rey
Director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO I

Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico

Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.

Datas: do 13 ao 15 de setembro de 2012.

Lugar de celebración do curso:

Instalacións de Sanea Control S.L.

Avda. da Mahía, nº 106, baixo.

15220 Bertamiráns-Ames.

A Coruña.

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: o 13 e 14 de setembro das 15.30 ás 21.30 horas e o 15 de setembro das 9.00 ás 19.30 horas, cunha hora e media de descanso.

Nº de prazas: máximo 25 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Enviarase, como fecha límite o 6 de setembro de 2012, a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pago a Sanea Control, S.L., avda. da Mahía 106, baixo, 15220 Bertamiráns-Ames (A Coruña). Tel.: 981 88 69 24/639 60 63 81. Fax: 881 24 29 45, e-mail saneacontrol@yahoo.es

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

NOME:

APELIDOS:

CARGO/ACTIVIDADE DESEMPEÑADA:

EMPRESA:

SECTOR ACTIVIDADE:

ENDEREZO:

CP:

LOCALIDADE:

PROVINCIA:

TELÉFONO:

FAX:

E-MAIL: