Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 6 de setembro de 2012 Páx. 35359

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2012, do Servizo de Turismo de Pontevedra, pola que se notifica a baixa da autorización e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 84 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro de 1992), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícase a Resolución do 9 de agosto de 2012, sobre baixa da autorización turística e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas dos establecementos relacionados no anexo.

Téndose comprobado pola inspección turística que os establecementos que figuran no anexo, cos datos e últimos enderezos que tamén se sinalan, non exercen a actividade para a que foron autorizados no seu día e considerando que este organismo efectuou o preceptivo trámite de audiencia a que fai referencia o artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, respecto do cal os interesados non efectuaron alegacións.

Este servizo provincial resolve dar de baixa os establecementos que se sinalan no anexo e comunicalo á Secretaría Xeral para o Turismo para os efectos da súa cancelación no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a Secretaría Xeral para o Turismo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro).

Pontevedra, 10 de agosto de 2012

Mª Ángeles Herrero Pérez
Xefa do Servizo de Turismo

ANEXO

Denominación

Categoría

Enderezo

Concello

Titular

O Arco de Fefiñanes

Restaurante R-PO-845

Real, 14

Cambados

Josefa Ridemar Rodríguez

Budi

Cafetaría C-PO-813

Avenida Vigo, 42

A Estrada

José Manuel Budiño Tarrío

Somoza

Restaurante R-PO-477

Rúa Porta do Sol

A Estrada

Manuel Somoza Fernández

O Rincón de Cerdedo

Restaurante R-PO-1378

Rúa Coteliño

Cerdedo

José Luis Dacosta Blanco

O Miño

Restaurante R-PO-1467

Rúa Antonio Tovar, 35

Arbo

Manuel Cedrón López

Pipas

Restaurante R-PO-1933

Rúa Colón, 4

Cuntis

Mª Carmen Pisos Fandiño

La Paladar

Restaurante R-PO-3292

Ador, s/n

Salceda de Caselas

Enelys Cisneros Acosta