Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 6 de setembro de 2012 Páx. 35327

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2012 pola que se adxudican as subvencións para o apoio ao desenvolvemento de plataformas tecnolóxicas (procedemento IN841A) convocadas pola Orde do 11 de abril de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o apoio ao crecemento empresarial mediante o fomento da investigación e a innovación empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012 (Diario Oficial de Galicia número 73, do 17 de abril).

Por Orde da Consellería de Economía e Industria do 11 de abril de 2012 (DOG nº 73, do 17 de abril), convocáronse as subvencións para o ano 2012 para o apoio ao crecemento empresarial mediante o fomento da investigación e a innovación empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. O anexo I da citada orde contén as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o apoio ao desenvolvemento de plataformas tecnolóxicas (código de procedemento IN841A).

No seu artigo 13 regúlase a resolución e notificación destas axudas unha vez que a comisión de valoración emita o informe no cal se recolla o resultado da avaliación efectuada e a contía da axuda proposta.

Unha vez constituída a Axencia Galega de Innovación, establecida no Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro (DOG nº 19, do 27 de xaneiro), polo que se crea a Axencia Galega de Innovación e se aproban o seus estatutos, e de acordo co disposto na disposición adicional primeira deste quedou suprimida a Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Consellería de Economía e Industria, subrogándose a Axencia na totalidade dos seus dereitos e obrigas derivados do exercicio das correspondentes competencias e sucedéndoa en todas as súas competencias.

Consecuentemente con todo o anterior e no exercicio das facultades que me confire o artigo 17.3 do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro,

RESOLVO:

Primeiro. Concederlles as subvencións para o apoio ao desenvolvemento de plataformas tecnolóxicas (procedemento IN841A) aos beneficiarios que se relacionan no anexo I desta resolución, por orde decrecente de puntuación e nas contías que se sinalan, que supoñen un total de 409.788,00 euros para o ano 2012. Aquelas subvencións para as que se consta «Si» na columna Feder están cofinanciadas con fondos Feder.

Segundo. Deixar como non subvencionadas as restantes solicitudes admitidas a trámite, que se recollen no anexo II desta resolución, por obter unha valoración total inferior a 50 puntos, de acordo co establecido no artigo 5 do anexo I da convocatoria.

Terceiro. O artigo 6 do anexo II da Orde do 11 de abril de 2012 (DOG nº 73, do 17 de abril) indica que o prazo para xustificar os gastos subvencionados, co obxecto de poder percibir as subvencións, remata o 31 de outubro de 2012, e sinala expresamente a documentación que se debe achegar. En relación coa xustificación das axudas, observarase, así mesmo, o establecido no artigo 20 das bases da convocatoria.

Cuarto. A Axencia Galega de Innovación adoptará as medidas necesarias para a instrución dos correspondentes expedientes de gasto.

Quinto. A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria suporá a perda do dereito a percibir a subvención correspondente.

Sexto. Contra esta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, perante o presidente da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2012

Ricardo Capilla Pueyo
Director da Axencia Galega de Innovación

Anexo I
Solicitudes concedidas, procedemento IN841A

Código
de expediente

Solicitante

NIF

Título do proxecto/nome da plataforma

Custo subvencionable €)

% subv. 2012

Subvención concedida (€)

Feder

Partida orzamentaria

IN841A-2012/1

Anfaco-Cecopesca  

G36625309

Plataforma Tecnolóxica Sector Agroalimentario-2012 

68.000

50

34.000

Si

08.A3.741A.781.0

IN841A-2012/2

Asociación Clúster del Naval Gallego  

G15710338

Plataforma do Sector Naval Galego 

51.100

50

25.550

Si

08.A3.741A.781.0

IN841A-2012/3

Asociación Investigación Metalúrgica del Noroeste  

G36606291

Plataforma Tecnolóxica Galega de
Materiais e Procesos de
Fabricación-MPF2020: actuacións 2012 

169.000

50

84.500

Si

08.A3.741A.781.0

IN841A-2012/4

Centro Tecnológico
del Mar-Fundación Cetmar  

G36885853

Tecnopeixe 2012 

18.996

50

9.498

Si

08.A3.741A.781.0

IN841A-2012/6

Clúster de la Acuicultura de Galicia  

G36884260

Plataforma Tecnolóxica Galega de Acuicultura 

18.000

50

9.000

Si

08.A3.741A.781.0

IN841A-2012/7

Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego  

G70115282

Desenvolvemento da Plataforma Tecnolóxica do Produto Gráfico e do Libro Galego 2012 

23.800

50

11.900

Si

08.A3.741A.781.0

IN841A-2012/8

Clúster Tecnolóxico Empresarial Ciencias da Vida  

G70259312

Plataforma Tecnolóxica Galega
de Biotecnoloxía-BIOTEGA 

34.500

70

24.150

Si

08.A3.741A.781.0

IN841A-2012/11

Fundación Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións  

G36997229

Vindeira-Plataforma Tecnolóxica das TIC 

41.713

50

20.856

Si

08.A3.741A.781.0

IN841A-2012/12

Fundación Clúster Empresas Automoción Galicia  

G36983575

Rede de innovación

67.418

100

67.418

Si

08.A3.741A.781.0

IN841A-2012/13

Fundación Ctag  

G36871424

Plataforma Tecnolóxica Galega de Automoción 

68.610

50

34.305

Si

08.A3.741A.781.0

IN841A-2012/10

Fundación Empresa Universidad Gallega  

G15051667

Plataforma Tecnolóxica Galega de Medio Ambiente (Envite)-2012 

103.971

40

41.871

Si

08.A3.741A.781.0

IN841A-2012/15

Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia  

G32217663

Plataforma Tecnolóxica Forestal
de Galicia-Devesa 

68.501

38

26.030

Si

08.A3.741A.781.0

IN841A-2012/14

Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia  

G32217663

Plataforma Tecnolóxica Galega da Madeira 

68.126

30,4

20.710

Si

08.A3.741A.781.0

Total

409.788

Anexo II
Solicitudes admitidas a trámite non subvencionadas, procedemento IN841A

Código de expediente

Solicitante

NIF

Título do proxecto/nome da plataforma

IN841A-2012/5

Clúster Audiovisual Galego  

G15891260

Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega I+DEA 

IN841A-2012/9

Fundación do Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia

G36346203

Plataforma Tecnolóxica do Granito