Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 7 de setembro de 2012 Páx. 35448

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 3 de setembro de 2012 pola que se aproban os modelos normalizados de solicitudes previstas no Regulamento de apostas da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 162/2012, do 7 de xuño.

A disposición derradeira segunda do Decreto 162/2012, do 7 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de apostas da Comunidade Autónoma de Galicia, prevé a aprobación mediante orde desta consellería dos modelos normalizados de solicitudes previstas neste regulamento.

No exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único. Apróbanse os modelos normalizados de solicitudes e autorizacións previstos no Decreto 162/2012, do 7 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de apostas da Comunidade Autónoma de Galicia, que se publican nos anexos I a XIII desta orde.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2012

Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file