Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 7 de setembro de 2012 Páx. 35597

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 9 de agosto de 2012 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente sancionador e de reposición da legalidade SIL/82/2012 (Carlos Sueiro Pérez), devolto polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

A xefa do Servizo de Inspección do Litoral da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data 11 de xullo de 2012, acordou a incoación do expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade número SIL/82/2012, entre outros a Carlos Sueiro Pérez, por actuacións abusivas sen a preceptiva autorización autonómica dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar das Tomadas, O Hío, termo municipal de Cangas (Pontevedra).

Ao non poderse realizar a notificación persoal do dito acordo, mediante a presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o dito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica está á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, edificio Witland, 1º andar-Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcurrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que considere convenientes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que se pretenda valer.

Para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2012

P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo; DOG nº 59, do 27 de marzo)
José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística