Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 11 de setembro de 2012 Páx. 35707

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2012, da Secretaría Xeral para o Turismo, pola que se nomean os membros do Consello do Turismo de Galicia.

O artigo 7 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia, crea e define o Consello do Turismo de Galicia como un órgano de asesoramento, apoio e proposta para os asuntos referidos á ordenación, promoción, fomento e desenvolvemento do turismo de Galicia. O punto 4 do citado precepto establece que o réxime de elección dos membros do consello, a organización e o funcionamento interno serán obxecto de desenvolvemento regulamentario.

Para dar cumprimento a este mandato legal apróbase o Decreto 149/2012, do 5 de xullo, polo que se regula o Consello do Turismo de Galicia (DOG núm. 135, do 16 de xullo), que recolle, no artigo 3, a composición e réxime de elección dos/as seus/súas membros e no artigo 5 o nomeamento destes/as pola persoa titular do órgano superior da Administración autonómica competente en materia de turismo, por proposta das diferentes organizacións e entidades representadas.

A Secretaría Xeral para o Turismo é o órgano superior da Administración autonómica en materia de turismo, de conformidade co disposto no Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro.

Nomear como membros do Consello do Turismo de Galicia, por un período de catro anos, segundo se establece nos artigos 3 e 5 do Decreto 149/2012, do 5 de xullo, polo que se regula o Consello do Turismo de Galicia, as persoas que a continuación se relacionan:

Gonzalo Ordóñez Puime, director xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, como vicepresidente.

Miguel Rodríguez Bugarín, director xeral de Mobilidade, como membro titular, en representación da consellería competente en infraestruturas, e como suplente Antón García Río, subdirector xeral de Ordenación do Transporte.

Mª Nieves Domínguez González, xerente do Servizo Galego de Saúde, como membro titular, en representación da consellería con competencias en materia de sanidade, e como suplente Félix Rubial Bernárdez, director de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde.

Nava Castro Domínguez, directora xeral de Comercio, como membro titular, en representación da consellería con competencias en economía, e como suplente Sol Mª Vázquez Abeal, subdirectora xeral de Comercio.

Antonio Crespo Iglesias, director xeral de Desenvolvemento Rural, como membro titular, en representación da consellería con competencias en medio rural, e como suplente Monserrat Castro Vázquez, subdirectora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.

Anxo M. Lorenzo Suárez, secretario xeral de Cultura, como membro titular, en representación da consellería con competencias en materia de cultura, e como suplente José Manuel Rey Pichel, director xeral de Patrimonio Cultural.

Catalina González Bea, alcaldesa de Sanxenxo, Pablo Taboada Camoira, alcalde de Palas de Rei, Alberto García García, alcalde de Catoira, Fernando Suárez Barcia, alcalde de Ribadeo, como membros titulares, en representación das administracións locais, e como suplentes Leopoldo Rubido Ramonde, alcalde de Cedeira, María Iglesias Fernández, concelleira de Baiona, Ramón Bouzas Castaño, concelleiro de Catoira e Félix Juncal Novás, alcalde de Bueu.

Mª Elisa Alen González, como membro titular, en representación das universidades galegas, e como suplente José Antonio Fraiz Brea.

César Sánchez-Ballesteros e Francisco González López, como membros titulares, en representación de establecementos hoteleiros, e como suplentes José Francisco Real Castro e Julio Fernández Fernández.

Héctor Cañete del Campo e José Magaz Ledo, como membros titulares, en representación de empresas de restauración, e como suplentes Ovidio Fernández Ojea e Jesús Sordo García.

Cesáreo González Pardal, como membro titular, en representación de establecementos de turismo rural, e como suplente Ana María Villamayor Torres.

Abilio Álvarez Arias, como membro titular, en representación de axencias de viaxes e centrais de reservas, e como suplente Manuel Oreio Romar.

Rafael Luaña de la Viña, como membro titular, en representación de hoteis balnearios e hoteis talaso, e como suplente Benigno Amor Barreiro.

Delfín Fidalgo Fernández, como membro titular, en representación de campamentos de turismo, e como suplente Jesús Asorey Carril.

Yolanda Barbeito Manteiga, como membro titular, en representación de oferta complementaria e guías de turismo, e como suplente Teresa Fandiño Vázquez.

Isabel Castaño, como membro titular, en representación de CC.OO., e como suplente Jorge Carneiro Penedo.

Celestino Criado Currás, como membro titular, en representación de UGT, e como suplente José A. Boullosa Gómez.

Paulo Paio Rubido Bara, como membro titular, en representación da CIG, e como suplente Manuel Currás Meira.

Rosa Celia Otero Raña, como membro titular en representación das asociacións de consumidores e usuarios, e como suplente Miguel López Crespo.

Segundo.

Ordenar a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2012

Mª Carmen Pardo López
Secretaria xeral para o Turismo