En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei 9/2006, do 28 de abril, de avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, faise pública a decisión de non someter a modificación puntual do Plan xeral de ordenación urbana nas inmediacións do lugar de Vilela, concello de Chantada, ao procedemento establecido no seu artigo 7.
Esta decisión pódese consultar na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no seguinte enderezo da internet: http://aae.medioambiente.xunta.es/
Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2012
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental