Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 13 de setembro de 2012 Páx. 35884

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (381/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número DSP 381/12 por instancia de Fernando Núñez Pérez contra Piso de Arena, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento e cantidade, nos cales no día da data se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Decido:

1º Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Fernando Núñez Pérez contra a empresa Piso de Arena, S.L., e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que o demandante foi obxecto o 29 de febreiro de 2012, e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes na data da presente resolución e, en consecuencia, condeno a demandada, Piso de Arena, S.L., a aboar ao demandante unha indemnización por despedimento a razón de 33.726,75 euros.

2º Que debo estimar e estimo a demanda de cantidade que foi interposta por Fernando Núñez Pérez contra a empresa Piso de Arena, S.L., e en consecuencia, condeno a demandada, Piso de Arena, S.L., a aboar ao demandante a suma de 1.864,28 euros.

Con intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá este sen a consignación previa do importe da condena, que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229 da LPL. Ambos os dous ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada, podendo substituír a empresa o importe da consignación pola constitución á disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que conste e para inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada, Piso de Arena, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, agás as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino o presente.

A Coruña, 16 de xullo de 2012

María Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial