Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 17 de setembro de 2012 Páx. 36349

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2012 pola que se fai público o concurso público (procedemento aberto sistema multicriterio) para selección de oferta para o outorgamento de concesión de ocupación de dominio público portuario do porto de Viveiro para a explotación de instalacións náutico-recreativas (expediente 14-07-12-C-2).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: entidade pública Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección.

c) Número de expediente: 14-07-12-C-2.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do proxecto: o obxecto do procedemento aberto é a selección dunha oferta para a tramitación da concesión administrativa de ocupación de dominio público portuario do porto de Viveiro para a explotación de instalacións náutico-recreativas.

b) Lugar da concesión: porto de Viveiro. Concello de Viveiro (Lugo).

c) Prazo da concesión: mínimo de dez (10) anos, variable segundo prego de bases.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran na cláusula décima D do prego de bases.

4. Taxa de explotación: a especificada no prego de bases.

5. Garantías.

a) Provisional: a especificada no prego de bases.

b) Definitiva: a especificada no prego de bases.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: entidade pública Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 5 A-6ª Polígono das Fontiñas (Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

d) Teléfono: 981 95 75 51.

e) Fax: 981 54 53 24.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

g) Perfil de contratante: os pregos administrativos desta convocatoria poderanse obter nos seguintes enderezos da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18005

7. Requisitos específicos do solicitante: os especificados no prego de bases.

8. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do trixésimo (30º) día hábil seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o mencionado día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado no prego de bases.

c) Lugar de presentación:

Entidade: entidade pública Portos de Galicia.

Domicilio: praza de Europa, 5 A-6º. Polígono das Fontiñas (Área Central).

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses desde a apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: entidade pública Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 10-4º. Polígono das Fontiñas (Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

d) Data: a apertura pública das ofertas (sobre 2) levarase a cabo nun prazo non superior a sete días contado desde a apertura da documentación administrativa do sobre 1. No acto público de apertura do sobre 2, a mesa fixará e dará publicidade á data, ao lugar e á hora en que se procederá á apertura do sobre 3.

e) Hora: 12.00 horas.

10. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre 1 e publicará no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios dos servizos centrais de Portos de Galicia o resultado da apertura para que, logo de comunicación aos interesados, se emenden, se é o caso e dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na dita documentación.

11. Gastos dos anuncios: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2012

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia