Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 17 de setembro de 2012 Páx. 36332

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica de reelectrificación de Seixas, no concello de Cospeito (expediente 009/2010 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE núm. 285, do 28 de novembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica:

Denominación: reelectrificación de Seixas.

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: Cidade de Viveiro 4, Lugo.

Finalidade: mellorar a calidade da subministración eléctrica na zona.

Características técnicas principais:

1. Liña de media tensión a 20 kV con orixe no apoio nº 3 da derivación ao CTI Viladesuso da LMT Cospeito-ST Setepontes, cunha lonxitude de 1.012 metros sobre tres apoios metálicos tipo C e cinco de formigón vibrado, illamento suspendido de cadena e condutor LA-56.

2. Centro de transformación intemperie, situado en Seixas, cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

3. Rede de baixa tensión con orixe no anterior centro de transformación, cunha lonxitude de 2.043 metros en 35 apoios de formigón e condutor RZ de diversas seccións para o servizo de 14 abonados.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 54 da citada Lei 54/1997, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupacion para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figura no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial de luns a venres entre as nove da mañá e as dúas da tarde.

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se encontren ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño de 1957).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 27 de agosto de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo

ANEXO
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Predio nº

Ref.catastral

Lugar

Propietario

Cultivo

Afección

Pol.

Parc.

Nome, apelidos e enderezo

Apoio

Voo

Sup.
ocupada m2

Lonxit. ml

Sup. afectada m2

1

35

387

Tras das Airas

Jesús Vázquez Prado Vilasuso, nº 1, pq. Seixas. Cospeito

Prado

1 [1/2]

0,75

21

250

2

35

385

Cotelo

Jesús Vázquez Prado Vilasuso nº 1, Seixas. Cospeito

Prado

1 [1/2]

0,75

2

155

7

35

191

Vilar de Baixo

Manuel Vélez Paredes Vilouriz, Seixas. Cospeito

Prado

 

 

 

27

11

35

195

Xesteira

Manuel Vélez Paredes Vilouriz, Seixas. Cospeito

Prado

3 [1/2]

0,75

28

450

12

35

196

As Carreiras

Benigna Alonso Vélez Vilasuso, Seixas. Cospeito

Prado

3 [1/2]

0,75

93

1.477

14

35

242

Lampara

José Vélez Paredes Vilasuso, pq. Seixas, 27375 Cospeito

Prado

4 [1/2]

0,75

16

240

19

35

201

Veiga de Riba

José Vélez Paredes Vilasuso, Seixas. Cospeito

Prado

5 [1/2]

0,75

7

115

21

35

203

Veiga de Riba

Manuel López García Vilapene. Cospeito

Prado

 

 

12

193

22

35

204

Carballa

Antonio Prado Vélez Casopa, nº 5. Seixas. Cospeito

Prado

 

 

10

165

23

35

205

Veiga de Riba

Antonio Prado Vélez Casopa, nº 5. Seixas. Cospeito

Prado

 

 

10

161

24

35

206

Curro do Fogueteiro

José María Braña Billete As Carballas, nº 5. Seixas. Cospeito

Prado

 

 

39

626

27

35

210

Colmea

Antonio Prado Vélez Casopa, nº 5. Seixas. Cospeito

Prado

 

 

29

462

39

35

80

Cortiña

José María Braña Billete As Carballas, nº 5. Seixas. Cospeito

Prado

 

 

 

74

40

35

81

Cortiña

Ismael García Braña Rúa Castelao, nº 37-1º. Lugo

Prado

 

 

 

42

44

35

48

Falgueira

Isolina López García As Carballas. Seixas. Cospeito

Labradío

CT [1/2]

0,75

3

95

45

35

47

Falgueira

Ismael García Braña Rúa Castelao, nº 37-1º. Lugo

Labradío

CT [1/2]

0,75

2

86