Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 17 de setembro de 2012 Páx. 36345

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 30 de agosto de 2012, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se notifica o acordo de ampliación do prazo para resolver o expediente SAN-PO-0014/2012-SG.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle aos interesados que se sinalan no anexo deste anuncio o acordo de ampliación do prazo para resolver o procedemento SAN-PO-0014/2012-SG.

Os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, Servizo de Sanidade Animal, situadas no Edificio Administrativo San Caetano s/n, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido dos interesados, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra este acordo de ampliación non cabe interpoñer recurso ningún, tal e como establece o artigo 49.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2012

José Álvarez Robledo
Director xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

Expediente: SAN-PO-0014/2012-SG.

Interesados: Manuel Novo Fernández, Guadalupe Fernández Fondevila e Antonio Novo Fernández.

Acto de notificación: acordo de ampliación.

Último enderezo coñecido: rúa Chares, 9, Cercio, 36596, Lalín, Pontevedra.