Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 17 de setembro de 2012 Páx. 36306

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1105/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que nos autos 1105/2009 seguidos neste xulgado se ditou sentenza, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 18 de maio de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 1105/2009, sendo demandantes Sandra María Barbeito Cancelo, Francisco Sarmiento Pérez, Consuelo Ruiz Ríos, Juan Carlos Rodríguez Fernández, María del Mar Arresto López e Beatriz López Barallobre, representados polo letrado Sr. Campos Seijo, e demandados a empresa Electrodomésticos del Principado de Idea, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), coa representación da letrada Sra. Abajo Lera.

Dispoño que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por parte de Sandra María Barbeito Cancelo, de Francisco Sarmiento Pérez, de Consuelo Ruiz Ríos, de Juan Carlos Rodríguez Fernández, de María del Mar Arresto López e de Beatriz López Barallobre contra a empresa Electrodomésticos del Principado de Idea, S.L. e contra o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e, en consecuencia, absolvo as entidades demandadas de cantas pretensións se exerceran na súa contra en méritos do presente procedemento.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos 5 días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino».

Ana Rodríguez Piorno. Asinado.

Publicada no día da súa data.

E para que sirva de notificación a Electrodomésticos del Principado de Idea, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 23 de xullo de 2012

A secretaria xudicial