Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 18 de setembro de 2012 Páx. 36515

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 27 de agosto de 2012, da Dirección Xeral de Administración Local, polo que se dá publicidade aos acordos de disolución do Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña e a súa integración no Consorcio Provincial de Pontevedra.

O artigo 151.2 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia sinala que para a disolución dun Consorcio se seguirán as mesmas regras e o mesmo procedemento que o establecido nos artigos 143 e 144 da citada lei para a disolución das mancomunidades.

Así, o artigo 143 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, sinala que nos supostos de disolución dunha entidade local a iniciativa corresponderá ao Pleno do Consorcio, de oficio ou por instancia dos concellos que o constitúen. Este acordo someterase a información pública polo prazo dun mes e a informe da deputación ou deputacións provinciais respectivas e da consellería competente en materia de réxime local. Rematado o prazo de exposición pública e recibidos os informes, someterase o acordo de disolución aos plenos dos entes consorciados, resolvéndose ademais as alegacións presentadas ao respecto. O dito acordo requirirá o voto favorable da maioría absoluta do número legal de membros de cada unha das corporacións das entidades que integran o Consorcio.

Aprobado o acordo de disolución, pola maioría das entidades consorciadas, o presidente do Consorcio remitirá copia certificada dos acordos á consellería competente en materia de réxime local, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e comunicarallos á Administración central do Estado para os efectos establecidos pola lexislación básica de réxime local.

Deste xeito, o pleno do Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña, en sesión extraordinaria que tivo lugar o 15 de setembro de 2011, aprobou iniciar o procedemento de disolución do Consorcio. O citado acordo foi sometido a informe da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e da Deputación Provincial de Pontevedra e debe someterse á ratificación por parte das entidades consorciadas que, en virtude do artigo 1 do Decreto 164/2006, do 14 de setembro, polo que se aproba a constitución do Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña, e os seus estatutos, son a Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e os concellos de Mondariz, Mondariz-Balneario, Mos, As Neves, O Porriño, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño e Tui.

Con data do 13 de xuño de 2012 o secretario do Consorcio, remitiu á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza copia certificada dos acordos de disolución do consorcio para os efectos da súa íntegra publicación no Diario Oficial de Galicia.

Os devanditos acordos adoptáronse, conforme o recollido na Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

O Pleno do Concello de Mos aprobou, en sesión do 24 de novembro de 2011, por unanimidade dos membros da Corporación «A disolución do Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña».

O Pleno do Concello de Mondariz o 26 de novembro de 2011, adoptou o acordo de «ratificar o acordo adoptado polo Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña, en sesión extraordinaria realizada o día 15 de setembro de 2011 e, polo tanto, disolver o Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña para a súa posterior integración no Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contra incendios e salvamento».

O Pleno do Concello das Neves aprobou na sesión ordinaria do pleno do día 28 de novembro de 2011, por maioría absoluta do número legal dos membros da corporación, «ratificar o acordo adoptado polo Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 15 de setembro de 2011 e, polo tanto, disolver o Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña e pasando os seus bens a formar parte de patrimonio do Consorcio Provincial».

A absorción do Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña producirase con efectos do 31 de decembro de 2011, subrogándose o Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contra incendios e salvamento nos dereitos e obrigas do Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña e pasando os seus bens a formar parte do patrimonio do Consorcio Provincial.

O Pleno do Concello de Mondariz-Balneario adoptou en sesión ordinaria do 2 de decembro de 2011 por maioría absoluta do número legal dos membros da corporación o acordo de «1. Ratificar o acordo adoptado polo Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña, en sesión extraordinaria realizada o día 15 de setembro de 2011 e, polo tanto, disolver o Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña para a súa posterior integración no Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contra incendios e salvamento.

2. A absorción do Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña producirase con efectos do 31 de decembro de 2011, subrogándose o Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contra incendios e salvamento nos dereitos e obrigas do Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña e pasando os seus bens a formar parte do patrimonio do Consorcio Provincial».

O Pleno do Concello do Rosal, en sesión ordinaria do 3 de decembro de 2011, por maioría absoluta dos membros corporativos acordou «A aprobación da disolución do Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña e a integración no Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contra incendios e salvamento».

O Pleno do Concello de Salceda de Caselas, en sesión ordinaria do 23 de decembro de 2011, acordou por maioría de votos «1. Ratificar o acordo adoptado polo Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña, en sesión extraordinaria realizada o día 15 de setembro de 2011 e, polo tanto, aprobar no que afecta o Concello de Salceda de Caselas a disolución do devandito consorcio para a súa posterior integración no Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contra incendios e salvamento.

2. Tomar razón de que a absorción do Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña se producirá con efectos de 31 de decembro de 2011, subrogándose o Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contra incendios e salvamento nos dereitos e obrigas do Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña e pasando os bens deste último a formar parte do patrimonio do Consorcio Provincial».

O Pleno de Concello do Porriño, en sesión ordinaria do 26 de decembro de 2011, acordou por maioría dos votos emitidos «1. Ratificar o acordo adoptado polo Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña, en sesión extraordinaria realizada o día 15 de setembro de 2011 e, polo tanto, disolver o Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña para a súa posterior integración no Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contra incendios e salvamento.

2. A absorción do Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña producirase con efectos do 31 de decembro de 2011, subrogándose o Consorcio Provincial nos dereitos e obrigas do Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña e pasando os seus bens a formar parte do patrimonio do Consorcio Provincial».

O Pleno do Concello de Salvaterra de Miño, en sesión ordinaria do 28 de novembro de 2011, acordou por maioría absoluta dos seus membros «Primeiro. Ratificar o acordo adoptado polo Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña, en sesión extraordinaria realizada o día 15 de setembro de 2011 e, polo tanto, disolver o Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña para a súa posterior integración no Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación servizo contra incendios e salvamento.

Segundo. A absorción do Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña producirase con efectos do 31 de decembro de 2011, subrogándose o Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contra incendios e salvamento nos dereitos e obrigas do Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña e pasando os seus bens a formar parte do patrimonio do Consorcio Provincial».

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, en sesión ordinaria do 30 de decembro de 2011, acordou por maioría de votos «1. Ratificar o acordo adoptado polo Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 15 de setembro de 2011 e, polo tanto, disolver o Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña para a súa posterior integración no Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contra incendios e salvamento.

2. A integración do Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña no Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contra incendios e salvamento, que se producirá con efectos desde o 31 de decembro de 2011, subrogándose o Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contra incendios e salvamento nos dereitos e obrigas do Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña e pasando os seus bens a formar parte do patrimonio do Consorcio Provincial».

O Pleno do Concello de Tui, en sesión ordinaria do 25 de xaneiro de 2012, aprobou por maioría absoluta «Primeiro. Ratificar o acordo adoptado polo Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña, en sesión extraordinaria realizada o día 15 de setembro de 2011 e, polo tanto, disolver o Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña para a súa posterior integración no Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contra incendios e salvamento.

Segundo. A absorción do Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña producirase con efectos do 31 de decembro de 2011, subrogándose o Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contra incendios e salvamento nos dereitos e obrigas do Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña e pasando os seus bens a formar parte do patrimonio do Consorcio Provincial».

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 19 de xullo de 2012, adoptou o acordo de «1. Ratificar o acordo adoptado polo Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 15 de setembro de 2011 e, disolver o Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña para a súa posterior integración no Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contra incendios e salvamento.

2. Aprobar a integración do Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña no Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contra incendios e salvamento subrogándose o Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contra incendios e salvamento nos dereitos e obrigas do Consorcio contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, do Condado e da Louriña e pasando os seus bens a formar parte do patrimonio do Consorcio Provincial».

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2012

José Norberto Uzal Tresandí
Director xeral de Administración Local