Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 18 de setembro de 2012 Páx. 36507

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 4 de setembro de 2012, da Xefatura Provincial para o Turismo da Coruña, pola que se notifica a resolución de baixa da autorización turística dos establecementos que se relacionan.

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, faise pública a resolución, ditada no procedemento de baixa de autorización e cancelación no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas dos establecementos relacionados, polo cesamento da súa actividade, xa que, intentada a notificación, non se puido realizar esta polos medios habituais.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante a Secretaría Xeral para o Turismo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Os titulares dispoñen dun prazo de 15 días para facer as alegacións que consideren pertinentes, e poderán examinar os expedientes e obter copias dos documentos contidos neles no Servizo de Turismo da Coruña.

A Coruña, 4 de setembro de 2012

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa do Servizo de Turismo da Coruña

ANEXO

Establecemento: Pensión – Casa de Hóspedes Asociación Ader.

Titular: Asociación Animación y Deporte en el espacio natural Ader.

Enderezo: lg. Dombodán - Portodemouros.

Concello: Arzúa.

Establecemento: Casa de Hóspedes Beiramar.

Titular: H.R. Beiramar, C.B.

Enderezo: rúa Rosalía de Castro, 30.

Concello: Laxe.

Establecemento: Casa de Hóspedes Vaamonde.

Titular: Eugenio.

Enderezo: rúa Estorde s/n.

Concello: Cee.

Establecemento: Casa de Hóspedes Calviño 2.

Titular: Lucía Blanco Vázquez.

Enderezo: rúa Galeras, 22.

Concello: Santiago de Compostela.

Establecemento: Casa de Hóspedes Blanca.

Titular: Severino Chaves Vites.

Enderezo: rúa San Pedro de Mezonzo, 28-B, 5º B.

Concello: Santiago de Compostela.

Establecemento: Casa de Hóspedes García.

Titular: María Castro Tejo.

Enderezo: Formarís - A Enfesta.

Concello: Santiago de Compostela.

Establecemento: Casa de Hóspedes Lojo.

Titular: Carmen Negreira Vidal.

Enderezo: rúa do Home Santo, 33 – 1º A.

Concello: Santiago de Compostela.

Establecemento: Casa de Hóspedes Lojo 2.

Titular: Carmen Negreira Vidal.

Enderezo: rúa do Home Santo, 62 – 2º.

Concello: Santiago de Compostela.

Establecemento: Casa de Hóspedes Santa Catalina.

Titular: Castro y Gómez, S.C.

Enderezo: rúa Xelmírez, 18 – 2º.

Concello: Santiago de Compostela.

Establecemento: Casa de Hóspedes Carbajo.

Titular: José Andrés Carbajo Ramuñán.

Enderezo: rúa Hórreo, 22 – 3º.

Concello: Santiago de Compostela.