Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 18 de setembro de 2012 Páx. 36390

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2012, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se modifica o crédito inicial das axudas económicas dirixidas a empresas xornalísticas e de radiodifusión.

Mediante Resolución do 16 de maio de 2012, da Secretaría Xeral de Medios, apróbanse as bases reguladoras para a concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas a empresas xornalísticas e de radiodifusión (DOG núm. 97, do 23 de maio).

Mediante Resolución do 1 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral de Medios, convócanse axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas a empresas xornalísticas e de radiodifusión para o ano 2012, (DOG núm.109, do 8 de xuño).

O artigo 4 da convocatoria desta resolución identifica a contía inicial dos créditos destinados a financiar estas, sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria nos termos do artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así, existindo dotacións dispoñibles para esta finalidade, cómpre modificar o importe dos créditos inicialmente asignados coa finalidade de manter esta acción de fomento en niveis axeitados.

Consecuentemente con todo o anterior e en exercicio das facultades que me confire o artigo 3 e a disposición adicional segunda do Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia

DISPOÑO:

Artigo único

1. Incrementar o importe da contía máxima dos créditos destinados a dar cobertura orzamentaria á Resolución do 1 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se convocan axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas a empresas xornalísticas e de radiodifusión para o ano 2012 en setenta e seis mil novecentos vinte e sete euros con vinte e oito céntimos (76.927,28 €), con cargo á aplicación orzamentaria 04.30.151A.470.1.

2. A presente modificación non afecta o prazo establecido na referida resolución para a presentación de solicitudes nin ao inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2012

Alfonso Cabaleiro Durán
Secretario xeral de Medios