Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 18 de setembro de 2012 Páx. 36502

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos OU-E-84/12 e outros.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles aos titulares dos establecementos que se relacionan no anexo que se achega, a resolución dos expedientes sancionadores, por infracción á Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

O importe da sanción farase efectivo, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións en Novagalicia Banco Recadación Xunta modelo XTAX, ou na conta contable 840 código 001 de Novagalicia Banco, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel en que esta resolución sexa executiva. Para efectuar o ingreso deberán empregar os impresos normalizados que lles serán facilitados na oficina desta xefatura territorial, sita na avenida Habana nº 79, 2º de Ourense.

Transcorrido o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Ourense, 3 de setembro de 2012

Luis Juan Ortiz Álvarez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: OU-E-84/12.

Denunciada: Ocio Arenteiro, S.L.

NIF: B32407009.

Establecemento: Musk.

Enderezo: rúa Chamoso Lamas nº 16 – A-B, baixo. O Carballiño (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, na nova redacción dada pola LO 4/1997, do 4 de agosto.

Sanción: 150 euros.

Número de expediente: OU-E-86/12.

Denunciado: Luis Bello Vázquez.

NIF: 34993739K.

Establecemento: A Botica.

Enderezo: rúa Caridade, nº 20, baixo. O Carballiño (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, na nova redacción dada pola LO 4/1997, do 4 de agosto.

Sanción: 210 euros.

Número de expediente: OU-E-98/12.

Denunciada: Tecnodifusion Barco, S.L.

NIF: B32282733.

Establecemento: Bik-Bok.

Enderezo: rúa Abdón Blanco, nº 12, baixo. O Barco de Valdeorras (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 23.o) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, na nova redacción dada pola LO 4/1997, do 4 de agosto.

Sanción: 450 euros.

Número de expediente: OU-E-105/12.

Denunciada: María Anuncia Fernández Rodríguez.

NIF: 76716715P.

Establecemento: Ozono.

Enderezo: rúa Curros Enríquez, nº 25, baixo. Xinzo de Limia (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, na nova redacción dada pola LO 4/1997, do 4 de agosto.

Sanción: 180 euros.

Número de expediente: OU-E-127/12.

Denunciada: María Anuncia Fernández Rodríguez.

NIF: 76716715P.

Establecemento: Ozono.

Enderezo: rúa Curros Enríquez, nº 25, baixo. Xinzo de Limia (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, na nova redacción dada pola LO 4/1997, do 4 de agosto.

Sanción: 300 euros.

Número de expediente: OU-E-135/12.

Denunciada: María Anuncia Fernández Rodríguez.

NIF: 76716715P.

Establecemento: Ozono.

Enderezo: rúa Curros Enríquez, nº 25, baixo. Xinzo de Limia (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, na nova redacción dada pola LO 4/1997, do 4 de agosto.

Sanción: 300 euros.

Número de expediente: OU-E-136/12.

Denunciada: María Anuncia Fernández Rodríguez.

NIF: 76716715P.

Establecemento: Ozono.

Enderezo: rúa Curros Enríquez, nº 25, baixo. Xinzo de Limia (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, na nova redacción dada pola LO 4/1997, do 4 de agosto.

Sanción: 300 euros.

Número de expediente: OU-E-137/12.