Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 18 de setembro de 2012 Páx. 36524

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2012/58-2, 8027 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Universidade de Santiago de Compostela.

Domicilio social: r/ Nova, 6 (Casa da Balconada), 15705 Santiago de Compostela.

Denominación: CT de 2×630 kVA para edificios Cetal e Cetil.

Situación: Concello de Lugo.

Características técnicas:

• LMTS con orixe nunha cela de ruptofusible existente no CT (3572) propiedade de Begasa, situado na r/ Montirón, e final nunha cela de remonte situada no centro de medida, cunha lonxitude de 110 metros de condutor tipo RHZ1-95 mm.

• Centro de medida situado en local non prefabricado, no cal se instala unha cela de remonte, unha de interruptor automático e unha de medida.

• LMTS con orixe no centro de medida proxectado e final no centro de transformación proxectado, cunha lonxitude de 18 metros de condutor tipo RHZ1-95 mm.

• CT en edificio non prefabricado, cunha potencia proxectada de 2×630 kVA, no cal se instala unha cela de liña e dúas de protección, relación de transformación 20.000/400-230V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 10 de agosto de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo