Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 18 de setembro de 2012 Páx. 36534

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2012 pola que se fai pública a formalización do contrato da subministración, instalación e posta en funcionamento do equipamento da escola infantil sita na rúa Don Bosco, número 1 de Vigo (Pontevedra), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Contratación e Obras.

c) Número de expediente: 42/2012.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17443

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración, instalación e posta en funcionamento do equipamento da escola infantil sita na rúa Don Bosco, nº 1 de Vigo (Pontevedra), cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

CPV: (referencia de nomenclatura): 39100000-3, 39710000-2, 37524000-7.

c) División por lotes: non.

d) Boletín e diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 98, do 24 de maio de 2012.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 112.551,82 €. IVE (4 %, 8 % e 18 %): 20.119,75 €, importe total: 132.671,57 €.

Esta contratación está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, nun 80 % (eixe 6, tema prioritario 77, medida 6.77) e nun 20 % con Fondos de Compensación Interterritorial (FCI).

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 18 de xullo de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 6 de agosto de 2012.

c) Contratista: EKIPO, S.C.G.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 80.466,33 €, IVE (4 %, 8 %, 18 %): 14.344,36 €, importe total: 94.810,69 €.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2012

P.D. (Artigo 1 da Orde do 19.8.2009)
Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar