Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 19 de setembro de 2012 Páx. 36632

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2012 pola que se lle dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este ente público no segundo cuadrimestre do ano 2012.

Para os efectos previstos no artigo 11.1º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xuño), acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Enerxético de Galicia no segundo cuadrimestre do ano 2012 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2012

Eliseo Diéguez García
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Nº: 1.

Título: addenda ao convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) para a realización de accións formativas en materia de normativa enerxética edificatoria.

Obxecto: prorrogar o prazo de xustificación da realización das accións formativas ata o 3 de outubro de 2012 e o de vixencia do convenio ata o 15 de outubro de 2012.

Sinatura: 14 de maio de 2012.

Importe: 0,00 €.

Nº: 2.

Título: convenio-addenda ao acordo marco de coordinación entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) para a coordinación de actuacións de aforro e eficiencia enerxética e de implantación de enerxías renovables.

Obxecto: levar a cabo as actuacións derivadas da xestión do Plan de impulso á contratación de empresas de servizos enerxéticos (Plan 2000 ESEs) na Residencia de Maiores de Oleiros.

Sinatura: 24 de maio de 2012.

Importe: 51.433.57 €.

Nº: 3.

Título: convenio-addenda VI ao acordo marco de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde (Sergas) para o desenvolvemento do Plan integral de eficiencia enerxética do Servizo Galego de Saúde.

Obxecto: levar a cabo actuacións derivadas do Plan integral de eficiencia enerxética do Servizo Galego de Saúde en coordinación coa xestión do Plan de impulso á contratación de empresas de servizos enerxéticos (Plan 2000 ESEs) en Galicia, concretamente no Hospital Barbanza, Hospital Piñor-Nai, Hospital Monforte e Hospital Calde.

Sinatura: 25 de maio de 2012.

Importe: 111.502,80 €.

Nº: 4.

Título: convenio-addenda I ao acordo marco de coordinación entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para promover e potenciar o uso de enerxías renovables e a eficiencia enerxética no Parque Nacional Illas Atlánticas.

Obxecto: levar a cabo actuacións derivadas do Plan de aforro e eficiencia enerxética na Administración publica de Galicia (2011-2013) en coordinación co desenvolvemento do Plan integral de eficiencia enerxética das Illas Atlánticas.

Sinatura: 27 de xullo de 2012.

Importe: 10.000 €.

Nº: 5.

Título: Convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Fundación Sotavento Galicia para a Divulgación e Formación en materia de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética no Parque Eólico Experimental Sotavento.

Obxecto: impulsar e divulgar as enerxías renovables e o aforro e a eficiencia enerxética, así como difundir o carácter experimental e demostrativo das instalacións do Parque Eólico Experimental Sotavento, tanto en materia de formación como de divulgación destas tecnoloxías.

Sinatura: 3 de agosto de 2012.

Importe: 47.000 €.