Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 25 de setembro de 2012 Páx. 37159

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN de erros. Orde do 3 de setembro de 2012 pola que se aproban os modelos normalizados de solicitudes previstas no Regulamento de apostas da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 162/2012, do 7 de xuño.

Advertidos erros na dita orde publicada no Diario Oficial de Galicia número 171, do 7 de setembro de 2012, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 35449, onde di:

«□ Certificados da Axencia Estatal da Administración Tributaria e da Tesouraría Territorial da Seguridade Social de estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social autorización expresa para que a Administración comprobe se o solicitante está ao día no cumprimento das obrigas tributarias na Comunidade Autónoma de Galicia»,

Debe dicir:

«□ Certificados da Axencia Estatal da Administración Tributaria e da Tesouraría Territorial da Seguridade Social de estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social.

□ Autorización expresa para que a Administración comprobe se o solicitante está ao día no cumprimento das obrigas tributarias na Comunidade Autónoma de Galicia».

Na páxina 35454, onde di: «Y, EN SU REPRESENTACIÓN», debe dicir: «E, NA SÚA REPRESENTACIÓN».

Na páxina 35458, onde di: «Sita en», debe dicir: «Sito en».

Na páxina 35460, onde di: «Contrato ou convenio subscrito pola empresa comercializadora e explotadora autorizada coa persoa organizadora da actividade en que se consonte a realización de apostas», debe dicir: «Contrato ou convenio subscrito pola empresa comercializadora e explotadora autorizada coa persoa organizadora da actividade en que consinta a realización de apostas».

Na páxina 35461, onde di: «Fotocopia do DNI da persoa titular do establecemento ou NIF e copia da escritura pública de constitución no caso de persoa xurídica, no caso de non autorizar (segundo o modelo que se achega na folla 3)», debe dicir: «Fotocopia do DNI da persoa titular do establecemento (no caso de non autorizar a súa consulta segundo o modelo que se achega na folla 3) ou NIF e copia da escritura pública de constitución no caso de persoa xurídica».

Na páxina 35461, onde di: «Fotocopia do DNI da persoa representante da empresa comercializadora e explotadora de apostas, no caso de non autorizar a consulta (segundo o modelo que se achega na folla 4) e, de ser o caso, da persoa representante da empresa operadora de máquinas B no caso de non autorizar a consulta (segundo o modelo que se achega na folla 5)», debe dicir: «Fotocopia do DNI da persoa representante da empresa comercializadora e explotadora de apostas (no caso de non autorizar a súa consulta segundo o modelo que se achega na folla 4) e, de ser o caso, da persoa representante da empresa operadora de máquinas B (no caso de non autorizar a consulta segundo o modelo que se achega na folla 5)».