Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 21 de xullo de 2011 (DOG núm. 142, do 26 de xullo), e realizado o acto de elección de destino previsto na Orde do 14 de setembro de 2012 (DOG núm. 179, do 19 de setembro), corrección de erros DOG núm. 180, do 20 de setembro, esta consellería, de conformidade co disposto no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia e demais normas concordantes,
DISPÓN:
Nomear funcionarias do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, as aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta orde, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais os que figuran no mesmo anexo, de acordo co acto de elección de destino que tivo lugar o día 21 de setembro de 2012.
Para adquirir a condición de funcionarias, as persoas a que se refire o anexo desta orde deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 47 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2012
Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda
Anexo
Apelidos e nome |
DNI |
Núm. |
Código de posto |
Cons. |
Denominación |
Grupo |
Nivel |
Centro destino |
Centro directivo |
Concello |
Tarrío Vilá, Carlota |
47376022-R |
3 |
SA.S02.00.001.15770.010 |
SA |
Letrado/a |
A |
28 |
Asesoría Xurídica |
Xerencia do Servizo Galego de Saúde |
Santiago de Compostela |
González de Vicente, Ana |
53181447-L |
1 |
PR.201.00.000.15770.015 |
PR |
Letrado/a |
A |
28 |
Asesoría Xurídica Xeral |
Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia |
Santiago de Compostela |
Rial Seoane, Patricia |
44813137-Y |
5 |
SA.S99.10.002.32001.002 |
SA |
Letrado/a |
A |
28 |
Asesoría Xurídica (Ourense) |
Servizos Periféricos-Servizo Galego de Saúde |
Ourense |
Mouriz Fernández, María Esmeralda |
33537176-W |
4 |
SA.S99.10.002.27001.002 |
SA |
Letrado/a |
A |
28 |
Asesoría Xurídica (Lugo) |
Servizos Periféricos-Servizo Galego de Saúde |
Lugo |
Concheiro Rodríguez-Segade, María Isabel |
44842589-H |
6 |
SA.S99.10.002.36560.004 |
SA |
Letrado/a |
A |
28 |
Asesoría Xurídica (Vigo) |
Servizos Periféricos-Servizo Galego de Saúde |
Vigo |
Carballo Marcote, Sabela |
32669369-P |
2 |
PR.299.10.000.32001.002 |
PR |
Letrado/a |
A |
28 |
Gabinete Territorial de Ourense |
Gabinetes Xurídicos-Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia |
Ourense |