Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 27 de setembro de 2012 Páx. 37454

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (620/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 620/2010, por instancia de Antonio Rodríguez Fernández contra a empresa Mármoles y Granitos Cibrán, S.C., Óscar Cibrán Rodríguez, José Manuel Cibrán Rodríguez e Fogasa sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data do 30 de xullo de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«En atención ao exposto, este órgano xudicial, pola autoridade que lle confire a Constitución, decidiu que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta por Antonio Rodríguez Fernández contra Mármoles y Granitos Cibrán, S.C., Óscar Cibrán Rodríguez e José Manuel Cibrán Rodríguez, e declaro o dereito do demandante a percibir, en concepto de salarios non pagados e vacacións non retribuídas, a cantidade de 4.594,01 euros, máis os xuros do 10 % por mora, condenando os demandados a se ater a esta declaración.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de que consignou a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, no número de conta 0030 6349 90 9999999999.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer na conta 0030 6349 90 9999999999.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Mármoles y Granitos Cibrán, S.C., Óscar Cibrán Rodríguez e José Manuel Cibrán Rodríguez, expido e asino este edicto.

A Coruña, 6 de setembro de 2012

A secretaria xudicial