Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 28 de setembro de 2012 Páx. 37681

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Cabanas (expediente IN407A 2012/127).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Cabalar, S.L.

Domicilio social: Arnoso, 1, 15613 A Capela.

Denominación: punto fronteira en Pazo e LMTS a CT Barcia.

Situación: Cabanas.

Características técnicas:

– Liña eléctrica de media tensión subterránea a 15 kV, cunha lonxitude de 0,53 km, con orixe no apoio D91 existente no punto fronteira da LMTA EUM701-EUM702 de Unión Fenosa Distribución, S.A. e final no CT Barcia existente, no cal se instalará unha cela de liña-entrada con autoválvulas (expediente 371/03), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1×240 Al).

– Centro de seccionamento prefabricado con rede de alimentación a 15 kV, equipado con celas de liña, de protección, de medida, de transformador auxiliar e de saída.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 5 de setembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña