Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 28 de setembro de 2012 Páx. 37525

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Orde do 9 de maio de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras de bolsas de formación en materia de arquivos e se convocan as correspondentes ao programa 2012.

Advertido erro na orde publicada no DOG nº 96, do 22 de maio de 2012, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 19179 do artigo 3, punto 4, onde di: «... destinaranse 3.640,80 € en concepto de cotizacións á Seguridade Social por parte da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria por continxencias comúns e profesionais, a razón de 30,34 € por bolseiro/a e mes», debe dicir: «... destinaranse 4.141,20 € en concepto de cotizacións á Seguridade Social por parte da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria por continxencias comúns e profesionais, a razón de 34,51 € por bolseiro/a e mes».