A titular do CPR Santa Apolonia, do concello de Santiago de Compostela, solicita a autorización das ensinanzas de educación secundaria e bacharelato para persoas adultas, modalidade presencial, en quenda de tarde-noite.
A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa emite informe favorable, de acordo co artigo 19 do Decreto 45/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica desta consellería.
Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPÓN:
Primeiro. Autorizar a educación secundaria e o bacharelato para persoas adultas, na modalidade presencial, en quenda de tarde-noite, no centro privado que se sinala:
Denominación: centro privado Santa Apolonia.
Código: 15025116.
Enderezo: A Poza Real, 5.
Localidade: Santiago de Compostela.
Concello: Santiago de Compostela.
Provincia: A Coruña.
Titular: María del Rosario Medina Gómez.
Composición resultante:
Educación infantil: 3 unidades.
Educación primaria: 6 unidades.
Educación secundaria obrigatoria: 4 unidades.
Bacharelato: 6 unidades. Modalidades: ciencias e tecnoloxía, humanidades e ciencias sociais.
Educación para persoas adultas, modalidade presencial, en quenda de tarde-noite:
– Educación secundaria para persoas adultas: nivel I e II.
– Bacharelato: modalidades de ciencias e tecnoloxía, humanidades e ciencias sociais.
Formación profesional:
– Quenda de mañá:
• 1 ciclo formativo de grao medio de Coidados auxiliares de enfermaría (1 unidade para 30 alumnos/as).
• 1 ciclo formativo de grao superior de Administración e finanzas (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).
• 1 ciclo formativo de grao superior de Educación infantil (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).
1 ciclo formativo de grao superior de Laboratorio de diagnóstico clínico (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).
• 1 ciclo formativo de grao superior de Próteses dentais (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).
– Quenda de tarde-noite:
• 1 ciclo formativo de grao medio de Atención a persoas en situación de dependencia (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).
• 1 ciclo formativo de grao medio de Sistemas informáticos e redes (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).
• 2 ciclos formativos de grao superior de Audioloxía protésica (4 unidades, 30 alumnos/as cada unha).
• 1 ciclo formativo de grao superior de Dietética (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).
• 1 ciclo formativo de grao superior de Hixiene bucodental (1 unidade para 30 alumnos/as).
• 1 ciclo formativo de grao superior de Animación sociocultural (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).
• 1 ciclo formativo de grao superior de Ortoprotésica (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).
Segundo. Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.
Terceiro. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2012
Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultua, Educación e Ordenación Universitaria