Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 1 de outubro de 2012 Páx. 37800

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia na resolución de modificación das bases definitivas na concentración parcelaria de Senra-Cardama-Vilarromarís II (Oroso).

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo director xeral de Desenvolvemento Rural.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de quince días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples, Monelos, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 13 de setembro de 2012

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Acto notificado: Resolución do 8 de marzo de 2012, do director xeral de Desenvolvemento Rural, de modificación das bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Senra-Cardama-Vilarromarís II (Oroso-A Coruña).

Interesados:

Juan Soto Raña (en representación de Jesús Raña Barros).

Juan Soto Raña (en representación de Genoveva Raña Barros e outros).