Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 2 de outubro de 2012 Páx. 38023

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2012 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación da obra de adecuación do contorno da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte e fronte da Escola Universitaria de Fisioterapia, Campus Universitario da Xunqueira de Pontevedra (expediente 400/12).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

2º. Domicilio: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais Campus As Lagoas-Marcosende.

3º. Localidade e código postal: 36310 Vigo.

4º. Teléfono: 986 81 35 56.

5º. Telefax: 986 81 38 57.

6º. Correo electrónico: xscont@uvigo.es.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de remate do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 400/12.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obras.

b) Descrición: adecuación do contorno da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte e fronte da Escola Universitaria de Fisioterapia, Campus Universitario da Xunqueira en Pontevedra.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non procede.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Domicilio: Campus da Xunqueira en Pontevedra.

2º. Localidade e código postal: Pontevedra 36005.

e) Prazo de execución: 2 meses.

f) Admisión de prórroga: non procede.

g) CPV (45214400-4), CPA (41.0).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

1º. Redución do importe de licitación: 55 puntos.

2º. Calidade da oferta técnica: 45 puntos, de acordo co establecido na folla resumo de características.

4. Valor estimado do contrato: 382.548,24 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto 382.548,24 euros. Importe total 462.883,37 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % importe de adxudicación sen IVE.

Complementaria: dada a relevancia na puntuación total da oferta económica, establecerase unha garantía adicional do 5 % se a oferta adxudicataria incorre en baixa anormal ou temeraria.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación do contratista: grupo G, subgrupo 3, categoría d.

Solvencia económica e financeira: non procede e solvencia técnica e profesional: os que se indican na folla resumo do prego de cláusulas administrativas.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no número 11 da HRC.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

b) Modalidade de presentación: papel 3 sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2º. Domicilio: Edificio de Xerencia Servizos Centrais baixo. As Lagoas-Marcosende.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36310.

4º. Enderezo electrónico: xscont@uvigo.es

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na sala de xuntas do edificio de Xerencia e Servizos Centrais da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: As Lagoas-Marcosende, 2º andar.

c) Localidade e código postal: 36310 Vigo.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, aproximadamente 1.400 euros.

Vigo, 26 de setembro de 2012

P.D. (Resolución 5.9.2011, DOG do 14 de setembro)
Manuel Fernández Jauregui
Xerente da Universidade de Vigo