Faise público que por acordo da Xunta de Goberno Local, do 26 de setembro de 2012, aprobouse inicialmente o Plan especial de reforma interior SUNC-2 do Concello de Paradela, presentado por iniciativa particular, por José Manuel González López en representación de Geriátrico Mayo, S.L. O documento para a aprobación inicial exponse ao público durante o período dun mes contado a partir do día seguinte ao da inserción do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e durante o cal todos os interesados poderán formular as alegacións ou suxestións que consideren pertinentes.
O expediente poderase consultar na Secretaría do Concello de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.
Paradela, 27 de setembro de 2012
José Manuel Mato Díaz
Alcalde presidente

