Advertido un erro na publicación do Decreto 125/2012, que se efectuou no Diario Oficial de Galicia número 107, do 6 de xuño de 2012, cómpre realizar a seguinte corrección:
– Na páxina 21697, no último parágrafo do primeiro guión do artigo 3.1.c), onde di: «Tal exclusión de uso destes lodos será aplicable aínda que as augas residuais do establecemento ou planta teñan sido sometidas ao pretratamento de que fala o capítulo I, sección 2, do anexo IV do Regulamento (CE) nº 142/2011 da Comisión, polo que se establecen as disposicións de aplicación do antedito Regulamento (CE) nº 1069/2009», debe dicir: «Tal exclusión de uso destes lodos só será aplicable cando as augas residuais do establecemento ou planta non teñan sido sometidas ao pretratamento de que fala o capítulo I, sección 2, do anexo IV do Regulamento (CE) nº 142/2011 da Comisión, polo que se establecen as disposicións de aplicación do antedito Regulamento (CE) nº 1069/2009».