Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: UDESA.
Domicilio social: rúa José Ángel Valente, 17, baixo, local 62. 15706 Santiago de Compostela.
Denominación: Centro de Proteccións Lavacolla.
Situación: concello de Santiago de Compostela.
Características técnicas:
Tipo: centro de seccionamento e protección en caseta de obra civil existente (expediente 51.056).
Aparamenta MT: celas con aillamento en SF6.
Esquema do centro: 3L+1P+1M (tres celas de interruptor automático + unha cela de protección con trafos de tensión para alimentación de servizos auxiliares e unha cela de medida).
Tensión nominal: 20 kV.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 12 de setembro de 2012
Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña

