Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 4 de outubro de 2012 Páx. 38261

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e ordinario, da subministración sucesiva de coloniais (MS-EIS1-12-049).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Hospital Clínico Universitario. Servizo de Contratación Administrativa.

2. Domicilio: A Choupana, s/n.

3. Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

4. Teléfono: 981 95 02 60.

5. Telefax: 981 95 09 85.

6. Correo electrónico: susana.carro.varela@sergas.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8. Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día do prazo de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: MS-EIS1-12-049.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: subministración sucesiva de coloniais.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: 7 lotes.

d) Lugar de execución/entrega:

1. Domicilio: Complexo Hospitalario Universitario-A Choupana, s/n.

2. Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses, computados desde a data da sinatura do contrato.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco (de ser o caso): si.

h) Sistema dinámico de adquisición (de ser o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 15800000-6.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: véxanse os pregos.

4. Valor estimado do contrato: 400.881,50 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 163.625,10 euros. Importe total: 176.936,25 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional (importe): non.

Definitiva: si; véxanse os pregos.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría), se é o caso:

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos:

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 31.10.2012.

b) Modalidade de presentación: véxanse os pregos.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

2. Enderezo: A Choupana, s/n.

3. Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

4. Enderezo electrónico: susana.carro.varela@sergas.es

d) Número previsto de empresas que se pretende invitar para presentaren ofertas (procedemento restrinxido):

e) Admisión de variantes, se procede: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición:

b) Enderezo: sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario.

c) Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: véxanse os pregos.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (se é o caso): 14.9.2012.

12. Outras informacións:

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2012

P.S.
Ana Souto Alonso
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela