En sesión que tivo lugar o 24 de setembro de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 11 de outubro de 2011 e modificado pola Orde do 16 de novembro de 2011 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,
ACORDOU:
Primeiro. Que, de conformidade co disposto na base II.1.1.4 da convocatoria, a lectura do cuarto exercicio da fase de oposición se realice a partir do día 8 de outubro de 2012, na sala D do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en San Caetano, Santiago de Compostela, a partir das 16.30 horas.
Segundo. Consonte o disposto na devandita base, convócanse para a lectura pública os días 8 e 9 de outubro de 2012, no lugar e na hora sinalados, as persoas opositoras indicadas no anexo.
Terceiro. Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal.
Cuarto. As convocatorias dos aspirantes que deberán concorrer os seguintes días de lectura serán efectuadas no taboleiro de anuncios do lugar indicado no parágrafo primeiro e na páxina web da Xunta de Galicia.
Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2012
Mª José García Sexto
Presidenta do tribunal
ANEXO
Día 8 de outubro, 16.30 horas
|
NIF |
Apelidos e nome |
|
76829004B |
Riadigos Vilariño, Santiago |
|
34260968F |
Souto Martínez, Hilda |
|
44809169V |
Valiño García, Juan Antonio |
|
76713194Y |
Vila Pérez, Hernán Ovidio |
|
34998287S |
Ferreiro Fernández, Pablo |
Día 9 de outubro, 16.30 horas
|
NIF |
Apelidos e nome |
|
52496971T |
Freire Dapena, José Andrés |
|
32828478A |
Barcón Goas, Manuel |
|
44821456E |
Lamas Fernández, Antonio |
|
33298560B |
Lodeiro Caneda, Víctor José |
|
32789274Z |
Lorenzo Blanco, David |

