Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2012 Páx. 38379

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 25 de setembro de 2012 pola que se procede á apertura do prazo para a presentación da renovación do compromiso polos titulares de explotacións beneficiarios das axudas establecidas na Orde do 18 de abril de 2008, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao fomento de sistemas de produción de razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos (Diario Oficial de Galicia número 79, do 24 de abril).

As actividades subvencionadas por esta orde enmárcanse no establecido no Real decreto 1724/2007, do 21 de decembro, polo que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao fomento de sistemas de produción de razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos, así como na Orde do 18 de abril de 2008, pola que se establecen as bases que regulan a concesión das axudas destinadas ao fomento de sistemas de produción de razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos (Diario Oficial de Galicia número 79, do 24 de abril).

En consecuencia, e de acordo co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das facultades que me confiren os artigos 7 e 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como as competencias que me confire a Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e a Lei 1/1983, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto da orde

1. A presente orde ten por obxecto establecer o prazo de presentación de renovación de compromiso asumido polos beneficiarios da axuda establecida na Orde do 18 de abril de 2008 e destinada ao fomento de sistemas de produción de razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos (Diario Oficial de Galicia número 79, do 24 de abril).

2. Segundo o que establece o 2º parágrafo do artigo 6 da Orde do 18 de abril de 2008, cada beneficiario poderá percibir estas axudas, durante un período máximo de cinco exercicios anuais consecutivos, logo da presentación anual da renovación do compromiso, de conformidade co anexo I.

Artigo 2. Solicitudes, lugar e prazo de presentación

As solicitudes deberán presentarse segundo o modelo formalizado que se recolle no anexo I. A dita solicitude presentarase preferentemente nos rexistros dos órganos dependentes da Consellería do Medio Rural e do Mar. Así mesmo, poderán presentarse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia-Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, así como nos demais lugares e formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no Decreto 191/2011, do 22 de setembro. Tamén poderán ser
presentadas a través da sede electrónica da Xunta de Galicia no seguinte enderezo:
https://sede.xunta.es

3. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Artigo 3. Financiamento

As axudas que deriven da aplicación da presente orde proceden dos orzamentos xerais do Estado, e financiaranse con cargo á seguinte aplicación orzamentaria dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012: 16.22.713-C.771.4, dotada para esta finalidade con 350.000 euros.

Este financiamento poderase ver incrementado con fondos estatais ou autonómicos achegados para o efecto, na mesma ou noutras aplicacións orzamentarias, de acordo co artigo 30 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 10, do 29 de xaneiro de 2009).

Artigo 4. Tramitación e resolución

En todo o referido á contía, requisitos, autorizacións, tramitación e resolución, haberá que aterse ao disposto na citada Orde do 18 de abril de 2008, pola que se establecen as bases que regulan a concesión das axudas destinadas ao fomento de sistemas de produción de razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos (Diario Oficial de Galicia número 79, do 24 de abril).

Disposición adicional primeira

En todas aquelas cuestións non previstas nesta orde será de aplicación o disposto no Real decreto 1724/2007, do 21 de decembro, polo que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao fomento de sistemas de produción de razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Disposición adicional segunda

De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, a Consellería do Medio Rural e do Mar publicará no Diario Oficial de Galicia e na súa páxina web oficial as concesións das axudas reguladas nesta orde, polo que a presentación da solicitude leva implícita autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e da súa publicación na citada páxina web.

Así mesmo, de acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da axuda consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, de ser o caso.

Disposición derradeira primeira

Facúltase o director xeral de Produción Agropecuaria para ditar cantas disposicións sexan necesarias para a aplicación desta orde.

Disposición derradeira segunda

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2012

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar

missing image file