Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 9 de outubro de 2012 Páx. 38700

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2012, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se procede a designar os membros e a facer pública a composición do xurado que analizará e valorará as solicitudes das entidades que aspiran aos premios Coopera Galicia Entidades Locais correspondentes ao ano 2012.

En virtude da habilitación conferida pola disposición derradeira primeira da Orde do 18 de maio de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública dos premios Coopera Galicia Entidades Locais para distinguir as iniciativas de fomento do asociacionismo municipal mediante proxectos piloto de xestión compartida de servizos por parte de agrupacións de concellos, mancomunidades, consorcios locais e áreas metropolitanas da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 101, do 29 de maio), e de conformidade co establecido no artigo 5.1 e na base reguladora sexta da mesma orde, en relación coa composición do xurado encargado da análise e selección das solicitudes,

DISPOÑO:

Primeiro. Designar os membros do xurado de selección que deberá analizar e valorar as solicitudes que concorren aos premios Coopera Galicia Entidades Locais correspondentes ao ano 2012 e facer pública a súa composición, que é a que figura no anexo a esta resolución.

Segundo. Aceptar a renuncia presentada polo presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

Terceiro. Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2012

José Norberto Uzal Tresandí
Director xeral de Administración Local

Anexo
Xurado

Presidente: José Norberto Uzal Tresandí, director xeral de Administración Local.

Vicepresidente: Alfredo García Rodríguez, vicepresidente primeiro da Federación Galega de Municipios e Provincias, en substitución do seu presidente.

Vogais:

– Manuel Taboada Vigo, alcalde do Pino, en representación das deputacións provinciais designado pola Fegamp.

– Xosé Crespo Iglesias, alcalde de Lalín, por designación da Fegamp.

– José Manuel López Varela, alcalde da Laracha, por designación da Fegamp.

– Luis Caramés Viéitez, catedrático de Facenda Pública da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela, designado pola Dirección Xeral de Administración Local.

– Luis Míguez Macho, profesor titular de Dereito Administrativo e decano da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, designado pola Dirección Xeral de Administración Local.

Secretario: Ramón Quiroga Limia, subdirector xeral de Xestión e Cooperación Económica coas Entidades Locais, que actuará con voz e sen voto.