Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 10 de outubro de 2012 Páx. 38893

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS, CT Amoedo II, no concello de Pazos de Borbén, do que resulta beneficiaria a empresa Eléctrica de Moscoso, S.L. (expediente IN407A 2012/113-4).

A instalación denominada LMTS, CT Amoedo II, no concello de Pazos de Borbén, foi declarada de utilidade pública mediante Resolución do 31 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa Eléctrica de Moscoso, S.L.

Segundo o disposto no artigo 52 de Lei de expropiación forzosa e no artigo 54.1 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 24 de outubro de 2012, a partir das 10.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Pazos de Borbén.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, en que se lles comunicará a data e a hora en que se deberán presentar nos seus predios.Poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Esta publicación servirá de comunicación para os titulares daqueles predios que figuran como descoñecidos ou se ignora o lugar de notificación, de acordo co establecido no artigo 59.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Vigo, 1 de outubro de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Vigo

ANEXO
LMTS, CT Amoedo II

Predio

Representa

Nome e apelidos

Enderezo

CP-Concello

Nº apoio

m2

ml

1

Florinda Míguez Martínez

Hdros. de Albino Míguez García

Lugar O Carballiño-Amoedo, 51

36840 Pazos de Borbén

106

53

2

Amelia Garrido Extremadouro

A Igrexa, 82, Amoedo

36840 Pazos de Borbén

12

6

3

Manuel Fernández Míguez

Comunidade de Montes de Amoedo

A Igrexa, 81, Amoedo

36840 Pazos de Borbén

CT

80