Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 10 de outubro de 2012 Páx. 38896

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a formalización dos contratos de varios servizos.

Segundo o artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos seguintes contratos:

– Expediente: ED-17/12SE. Servizo de limpeza no centro residencial docente (CRD) de Ourense.

1. Adxudicatario: Lacera Servicios y Mantenimiento, S.A.

1.1. Orzamento: 893.509,95 euros.

Data de adxudicación: 11.7.2012.

Data da formalización: 2.8.2012.

– Expediente: ED-24/12SE. Servizo de vixilancia e seguridade do centro de educación especial Terra de Ferrol no concello de Ferrol (A Coruña).

1. Adxudicatario: Protección de Patrimonios, S.A.

1.1. Orzamento: 65.674,08 euros.

Data de adxudicación: 1.8.2012.

Data da formalización: 14.8.2012.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2012

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria