Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 11 de outubro de 2012 Páx. 39186

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 18 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se lles notifica aos interesados a resolución de subvención para adquisición de vivenda de protección autonómica relativa aos expedientes 36-Q-0430/04 e P-AQ-0195/08.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselles ás persoas interesadas a resolución de subvención para adquisición de vivenda de protección autonómica.

Pontevedra, 18 de setembro de 2012

(Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-AQ-0195/08.

Nome: Ignacio Vilas Martínez.

Enderezo: rúa Teixugueiras, 29, portal 1, 10º B.

Asunto: concesión subvención.

Contía: 3.100,00 €.

Expediente: 36-Q-0430/04.

Nome: Lorena Fernández Varela.

Enderezo: rúa Teixugueiras, 30, portal 2, 7º D.

Asunto: denegación subvención.