Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 11 de outubro de 2012 Páx. 39041

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se procede a designar os membros e a facer pública a composición da comisión de selección que supervisará e valorará as solicitudes dos aspirantes aos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2011/12.

De conformidade co establecido no artigo 11 e na disposición derradeira primeira da Orde do 3 de agosto de 2012, pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2011/12 (DOG do 13 de agosto),

RESOLVO:

Primeiro. Designar os membros da comisión de selección que supervisará e valorará os méritos dos participantes nos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2011/12 e facer pública a súa composición, que é a que figura no anexo a esta resolución.

Segundo. Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2012

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO

Tribunal:

Presidenta: Carmen Cimadevila Cea, subdirectora xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo por delegación do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Vogais:

Marina Armada Vigo, xefa do Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema Educativo.

María del Carmen Areán Vázquez, inspectora de Educación.

María Magdalena Duarte Blanco, inspectora de Educación.

María Adoración de la Fuente Fernández, inspectora de Educación.

Secretaria: Guadalupe Martínez Rivas, funcionaria da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.