Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 11 de outubro de 2012 Páx. 38985

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 28 de setembro de 2012 pola que se autoriza o cambio de domicilio por traslado de instalacións do centro privado Reyblanc do concello de Santiago de Compostela e a implantación de novos ciclos formativos nese centro.

A representante da titularidade do centro privado Reyblanc solicita o cambio de domicilio por traslado de instalacións, da r/ Santo Domingo da Calzada nº 1 á r/ Angustia nº 2 de Santiago de Compostela, e á súa vez tamén solicita autorización para impartir o ciclo formativo de grao medio de Estética Persoal Decorativa e os ciclos formativos de grao superior de Estilismo e Dirección de Perrucaría e o de Asesoría de Imaxe Persoal.

A Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Coruña achega o expediente cos correspondentes informes de acordo co Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro.

1. Autorizar o cambio de domicilio por traslado de instalacións do centro privado Reyblanc da r/ Santo Domingo da Calzada nº 1 á r/ Angustia nº 2 de Santiago de Compostela.

2. Autorizar a implantación do ciclo formativo de grao medio de Estética Persoal Decorativa e dos ciclos formativos de grao superior de Estilismo e Dirección de Perrucaría e o de Asesoría de Imaxe Persoal nas novas instalacións do centro privado que se sinala:

Denominación: CPR Reyblanc.

Código do centro: 15032522.

Domicilio: r/ Angustia nº 2.

Localidade: Santiago de Compostela.

Concello: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Titular: Reyblanc Centros de Formación, S.L.

Composición resultante:

1 ciclo formativo de grao medio de Perrucaría e Cosmética Capilar (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

1 ciclo formativo de grao medio de Estética Persoal Decorativa (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

1 ciclo formativo de grao superior de Estilismo e Dirección de Perrucaría (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

1 ciclo formativo de grao superior de Asesoría de Imaxe Persoal (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

Segundo. Antes da posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.

Terceiro. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2012

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria