Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 11 de outubro de 2012 Páx. 39140

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2012 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión dunha praza mediante o sistema de libre designación.

De conformidade co establecido no artigo 29 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia (DOG do 13 de xuño), e no artigo 52 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, do Regulamento xeral de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado, e demais normativa de procedente aplicación, e no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), e da delegación de competencias operada por Resolución do 16 de xaneiro de 2012, esta xerencia

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I.

Segundo. Poderán concorrer a ela todos/as os/as funcionarios/as que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro. As solicitudes, que irán dirixidas ao reitor da Universidade da Coruña, empregarán o modelo que consta como anexo II a esta convocatoria e presentaranse no Rexistro Xeral (rúa Maestranza, nº 9, 15001 A Coruña) e nos rexistros auxiliares desta universidade (Casa do Lagar-Campus de Elviña, A Coruña e Doctor Vázquez Cabrera, s/n, 15403 Ferrol) ou remitiranse a través das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Á solicitude xuntaráselle un currículo en que se especifiquen os méritos, que se acreditarán documentalmente.

Esta convocatoria, así como os actos administrativos que dela derivaren, poderán ser impugnados no prazo e na forma establecidos na vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 1 de outubro de 2012

Juan Manuel Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña

Anexo I

Núm. de posto RPT: 137.

Denominación do posto: vicexerente do Campus da Coruña.

Centro: Xerencia.

Grupo: A1/A2.

Tipo de posto: singularizado.

Complemento de destino: 28.

Complemento específico mensual: 1.667,78 €.

Forma de provisión: libre designación.

Requisitos: funcionario/a de carreira da escala de técnicos de xestión e escala de xestión con destino definitivo na Universidade da Coruña e os/as funcionarios/as de carreira do grupo A1 e A2 que pertenzan a corpos e escalas da Administración do Estado, das comunidades autónomas e da Administración local, así como de escalas propias doutras universidades.

Funcións:

– Auxiliar o xerente e substituílo nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade.

– Elaborar propostas para a mellora dos procedementos administrativos e de xestión.

– Asistir a comisións e mesas relacionadas coa área de traballo.

– Asesorar as administracións dos centros da Universidade en aspectos administrativos e de xestión.

– Facer o seguimento dos expedientes administrativos competencia da Xerencia en calquera área.

– Calquera outra que lle sexa atribuída polo superior xerárquico.

Anexo II

Apelidos

Nome

NIF

Data de nacemento

Corpo ou escala

Grupo

Nº de rexistro persoal

Enderezo

Localidade

Provincia

Teléfono fixo

Teléfono móbil

Enderezo electrónico

Posto que solicita

Destino actual

Departamento

Organismo

Localidade

Solicito: ser admitido/a ao concurso convocado por Resolución da Universidade da Coruña do 1 de outubro de 2012, para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto que máis arriba relaciono.

A Coruña, _________ de_______________________ de 2012

(Sinatura do/da solicitante)

Reitor da Universidade da Coruña