Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 11 de outubro de 2012 Páx. 39145

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (583/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 583/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Silvia Pombo Cotera contra a empresa TIG Formación y Empleo, S.L.U., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«A Coruña, 17 de setembro de 2012.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver o presente procedemento ordinario 583/2010 por instancia de Silvia Pombo Cotera, asistida polo letrado Francisco Pampín Mirás, contra TIG Formación y Empleo, S.L.U., que non comparece malia estar citada en legal forma.

En nome do rei pronunciou a seguinte:

Sentenza 583/2012.

Decido que, estimando a demanda formulada por Silvia Pombo Cotera contra a empresa TIG Formación y Empleo, S.L.U., condénoa a aboarlle a cantidade de 4.357,62 euros, que lle debe en concepto de salarios e demais conceptos, cos xuros, de acordo co artigo 4.2.f) e 29.3 ET.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 150 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado, co número 1533.0000.65.0583.10, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533.0000.60.0583.10, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, achándose celebrando audiencia.

E para que conste e sirva de notificación á empresa TIG Formación y Empleo, S.L.U., expídese o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 24 de setembro de 2012

O secretario xudicial